Parece que este domingo non nos libramos dunha pequena homenaxe a Whitney Houston:
Este vídeo, ben anclado nos anos oitenta, é un bo exemplo de música mainstream desta década (e o estilismo tamén o é).
Por outro lado, tamén quero facer homenaxe a outra gran diva, para min unha das grandes de verdade do século XX que morreu hai pouco (desgraciadamente antes de que comenzásemos con este blog). Refírome á grandísima Etta James
Como é menos coñecida e a súa morte ocupou menos aos medios que o que ocupará a morte de Whitney, vou facer unha pequena escolma dalgúns dos grandes éxitos, grandes temaxos, dunha das raíñas do R&B e do Soul:
Un súper éxito:
E para rematar algo para botar uns bailes de verdade: