Desculpade pola tardanza en escribir no blog. Últimamente cuestións persoais e profesionais me impediron achegarme por aquí (grave erro pola miña parte, por suposto). E mentres tanto sucederon moitísimas cousas que me gustaría comentar.
A primeira delas é sobre as recentes mortes no mundo da música. Donna Summer, gran diva da música disco, morreu de cancro o 17 de maio. O seu legado queda para a música dance e a música electrónica en xeral.
Algunhas cancións básicas de Donna... a controvertidísima e sensual Love to love you baby
E sobre todo, a fantástica I feel love...
Tamén foi tremendamente comentado o falecemento de Robin Gibb, cantante dos Bee Gees (e o que lle dotou a voz máis característica)
En primeiro lugar vou poñer unha das cancións máis representativas deste grupo, coa que volveron a estar "de moda" e que incluso agora mesmo os recordamos máis por esta etapa que por outras etapas anteriores:
Por outra banda, a considerada por moitos dos seus seguidores unha das mellores cancións que posúe este grupo (e versionada polo grupo de Boy Bands dos 90 Take that)
E agora a miña canción favorita dos Bee Gees, a que me recorda as cintas que puña o meu pai e que se chamaban "Tempos felices"
Como vemos, o estilo desta banda pasou dun estilo moi influído polos Beatles e pola música dos 60 ata a música Disco.
E por último, pero non menos importante... a morte que máis me doe a min, a do gran Adam Yauch, MCA. Membro dos para min inclasificables Beastie Boys, un dos meus grupos favoritos de sempre. Banda branca de rap, pero tamén achegándose ao punk e ao hardcore. Os seus vídeos son auténticas xoias cunha base sempre de humor e moi influídas pola serie b. Aquí van algúns dos máis famosos exemplos, invito a todo o mundo a que os siga explorando:
Como vedes, hai para dar e tomar...
Para non acabar con noticias tristes, o doodle adicado ao nacemento de Robert Moog, un dos inventores do Sintetizador, se temos tempo en clase (que parece que se vai ver substituído pola excursión de fin de 4º) podemos ver o documental sobre o MOOG.
O sintetizador Moog pronto foi substituído polo Minimooog, un modelo pequeno e manexable que cambiaría a historia da música. Pero antes que eso fíxose popular grazas a Wendy Carlos e o disco máis vendido da historia da música clásica, o Switched on Bach:
Para máis info...