jueves, 5 de abril de 2012

Pirates of the Caribbean

Despois dun descanso e de ver como, desde un segundo plano, as miñas alumnas e alumnos de 4º enchían o blog retomamos a nosa actividade, en Xoves Santo, para comunicar ás miñas queridísimas alumnas e alumnos de 4ºB-C que estou a facerlles o arranxo de Piratas que lles prometín... espero telo para o venres que ven.




Mentres tanto, podemos ir aprendendo algo sobre o compositor das partituras orixinais, Hans Zimmer e ler unha crítica da música da primeira película que se fixo.

Unha aperta e felices vacacións!